Nuestra empresa

ARTEAL, ARTESANOS DEL ALUMINIO, é unha empresa especializada en sistemas arquitectónicos en aluminio.

En Arteal desenvolvemos todo tipo de cerramentos de aluminio para a construción. As nosas obras abarcan desde vivendas unifamiliares ata grandes edificacións.

O noso persoal caracterízase pola súa alta cualificación, a cal poñemos á súa disposición para orientarlle para saber cal é a mellor solución para o seu caso específico, realizando orzamentos e estudos técnicos (sobre seccións de carpintería, cálculo de momentos de inercia, …). Posuímos todo tipo cristais, e podémoslle asesorar para elixir un vidro illante e/o de control solar en función da orientación da xanela.

Arteal comezou a súa actividade en 1995, unha pequena nave de 800 m2 e un persoal de oito operarios. Na actualidade, contamos con instalacións propias e ao redor de medio centenar de profesionais. A zona destinada a taller supera os 2300 m2 cuxo proceso produtivo está controlado informáticamente por programas de última xeración.

O noso ámbito de acción tamén creceu, e a día de hoxe somos unha empresa de carácter internacional con presenza en proxectos de paises como Francia, Portugal, Marrocos, Guatemala etc.

Grazas á súa aposta pola calidade, Arteal conseguiu adxudicarse recentemente obras singulares en Galicia e no estranxeiro, tendo asegurada a súa carga de traballo para os próximos anos.

Instaladores oficiais de Cortizo, traballamos as súas series máis modernas (COR70, COR VISION, COR VISION Plus, COR-4600, Fachadas, …), sempre complementando con vidros intelixentes e mesmo persianas integradas tipo Black-out de ScreenLine con oscurecimiento total.

AS NOSAS VIRTUDES

  • Excelencia en acabados e detalles.
  • Deseños innovadores e personalizados.
  • Compromiso coa puntualidade e a calidade.
  • Materiais de primeira calidade e durabilidade.
  • Equipo de profesionais altamente capacitados.
  • Atención ao cliente excepcional e próxima.
  • Solucións eficientes e adaptadas ás túas necesidades.
  • Garantía de satisfacción e cumprimento normativo.
DIRECCIÓN POSTAL

Polígono Industrial del Tambre

Vía Edison, 26

15890 Santiago de Compostela – A Coruña España

TELÉFONO

(+34) 981 577 600